Acto de presentación

Conciertos de presentación

O sábado 15 e o luns 17 de marzo tiveron lugar dous concertos como acto de presentación do Festival Artes no Camiño 2008, que na súa IV edición, desenvolverase durante o mes de agosto na provincia de Lugo.

Tanto na Abadía Benedictina de Samos, como en Foz na Catedral de San Martiño de Mondoñedo, volveron a resoar as voces do grupo musical residente do Festival, Ars Combinatoria baixo a dirección de Canco López. Grupo que, como o seu nome indica trata de combinar nos seus repertorios os diversos estilos e épocas da historia da música, esta vez manifestáronse na súa faceta Medieval co programa titulado “Música Medieval a través do Camiño de Santiago”.

Programa extenso pero moi ben levado, que como se dunha composición se tratara, estruturada en tres partes, soubo “combinar” e alternar a música vocal relixiosa dos séculos XII, XIII e XIV: O Códice Calixtino da Catedral de Santiago de Compostela, O Códice das Huelgas do Mosteiro de Santa María a Real de Burgos e Llibre Vermell de Monserrat, coa música profana instrumental e vocal: As Sete Cantigas d’Amigo de Martín Códax e Cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio. A sutil xustaposición dos diversos motetes, organa , conductus e monodias alternando as voces femininas das Huelgas coas masculinas do Calixtino, así como o profano e relixioso, deu o sentido estético e unitario que un concierto debe ter. A orixinal posta en escena e o vestiario, que estreaban para esta ocasión deseñado e confeccionado por Cloti Vaello, axudaron a seguir o concerto coa atención que requiría a ocasión.

Cabe destacar a magnifica teatralidade da soprano solista Laura F. Alcalde nas Cantigas tanto de Alfonso X, como nas de Martín Codax, a brillante voz de Javier G. Jacome como vox principalis nos organa “Vox nostra resonet” e “Regi Perennis”, así como a dirección de Elsa Ferrer coas voces femeninas nas Huelgas e de Nacho Suárez coas masculinas en El Calixtino. En definitiva Ars Combinatoria demostrou unha vez máis o seu bo facer, a súa seriedade no traballo tanto de interpretación como de afinación, como xa o fixera na III edición deste Festival coas Vésperas de Tomás Luís de Victoria. Os incomparábeis contornos da Abadía de Samos, e da Catedral de Foz, ideais para este tipo de programa, trasportounos a tempos pasados.

Alfonso Casanova

Programa

Música Medieval a Través del Camino de Santiago

I
Liber Sancti Iacobi - Códex Calixtinus
Regi Perennis (organum) M. Gauterius de Castello Rainardi
El Códice de las Huelgas
Virgines egregia (prosa)
As sete cantigas d´Amigo Martín Códax
Cantiga I Ondas do mar de Vigo
Cantiga II Mandad ei commigo
Cantiga IV Ay Deus se sab'ora meu amigo
Cantiga V Quantas sabedes amar amigo
Cantiga VII Ay ondas que eu vin veer

Liber Sancti Iacobi - Códex Calixtinus
Regi Perennis (organum) M. Gauterius de Castello Rainardi

El Códice de las Huelgas
Mulier misterium sterillis / [Mulierum] (motete)
Benedicamus Domino cum cantico (organum)
Mater, Patris et Filia (conductus)

Liber Sancti Iacobi - Códex Calixtinus
Vox nostra resonet (organum) M. Iohannis Legalis
Annua Gaudia (conductus) M. Airardus vizlliacensis
Regi Perennis (organum) M. Gauterius de Castello Rainardi

II
Llibre Vermell de Montserrat
O Virgo splendens (monodia)
Splendens ceptigera (caça)

El Códice de las Huelgas
Belial vocatur / Tenura (conductus-motete)
Ave vera / Ave verum / ? (motete)

Liber Sancti Iacobi - Códex Calixtinus
Exultent celi curia (benedicamus tropado) M. Anselmo I

El Códice de las Huelgas
O Maria Virgo / O Maria maris / [In veritate] (motete)
Iam novus / Iam nubes / [Solem] (motete)

Llibre Vermell de Montserrat
Laudemus Virginem Mater est (caça)
O Virgo splendens (caça)

 

III

Liber Sancti Iacobi - Códex Calixtinus
Dum Paterfamilias (himno)
Gratulantes (conductus) M. Goslenus, Ob. de Soissons
Congaudeant catholici (conductus) N. Alberto de París

El Códice de las Huelgas
Virgines egregia (prosa)
Alpha, bovi et leoni / [Domino] (conductus-motete)
Salve Virgo / Ave Gloriosa / [Domino] (motete)

Liber Sancti Iacobi - Códex Calixtinus
Nostra Phalanx (conductus) Ato. episcopus Trecensis
Rex inmense (kyrie tropado) Fulberto de Chartres
Dum Paterfamilias (himno)

Alfonso X “El Sabio” - Cantigas de Santa María
Cantiga nº 260 “Dized´¡ai, trovadores!”
Cantiga nº 77 “Da que Deus mamou”

Plantilla de Intérpretes

Ars Vocal
Cantus:
Laura F. Alcalde, Aída A. Domínguez, Susana Martín,
María Huertas, Agueda Matute, Elsa Ferrer, Lore Agustí,
Altos:
Ana Narbona, Uxía Delgado, Carlos R. de Arcaute
Tenores:
Javier G. Jácome, Jose A. Martínez,
Jose Miguel Llata, J. Miguel Morales
Bassus:
Jose M. Abeleira, David de la Calle,
Manuel Jiménez, Nacho Suárez

Ars Instrumental
Flautas:
David de la Calle
Salterio:
Nacho Suárez
Fídulas:
Elsa Ferrer,
Sabela García,
María Huertas
Percusión:
Xose Luis Saqués
Zanfoña, Organistrum y Dirección:
Canco López