Convocatoriadeselección

Requisitos

Poderán participar na Compañía No Camiño Teatro Novo, todos aqueles rapaces e rapazas da Comunidade Galega interesados no teatro con idades entre os 14 e os 26 anos.

Probas de selección

Aprender de memoria (neutro sen intención nin preparación) un texto de 6 ou 8 liñas, que non sexa verso tirado dun monólogo ou parlamento dunha obra de teatro. Levar roupa cómoda (chándal, mallas…….). As probas de selección serán nos lugares e datas que a continuación se detallan:

7 de abril
Local de Atrezo Teatro de Vigo
Rúa Joaquín Loriga 24 Baixo.

Horario de 10:00 -13:00 horas
Salón de Actos do Auditorio Municipal de Ourense
Horario de 17:00 – 20:00 horas
8 de abril
Salón de Actos do Centro Social Uxío Novoneyra de Lugo
Horario de 11:00 – 13:00 horas
Salón de Actos do Centro Cívico Os Mallos de A Coruña
Horario de 17:00 – 20:00 horas
9 de abril
Local da FEGATEA de.Santiago Rua Pombal Nª 17 Baixo
Horario de 12:00 – 14:00 horas

Matrícula

Todos os alumnos seleccionados no proceso de audición, obterán unha bolsa completa para a súa participación no encontro.

Inscripción

A inscripción realizarase a través do seguinte formulario
ou ben enviando un correo eléctronico festival@artesnocamino.com
ou por correo postal á seguinte dirección: Apartado de Correos nº 42, Sarria CP 27600