IIEncontro

Fechas

Do 27 de Xullo ao 17 de agosto

Especialidade

• Preparación instrumetal
• Técnica sensorial

Contidos do encontro

Preparación instrumetal

Ensinar pautas para afinar o instrumento que é un mesmo (corpo, voz, pensamento, emoción e instinto).

Traballaremos as seguintes áreas:

Relaxación (individual e por parellas): exploraras tensións das distintas zonas do corpo, dar masaxes para quitar tensión, escoitar unha música,...
Impunsivilidade: rirse, facer o ridículo, imitara alguén, ser irreverente, expresar molestias coa voz e o corpo, etc.
Vulnerabilidade (individual e por parellas):crear un lugar da infancia, escoitar unha música significativa, compartir medo, amor, odio, etc.

Obxectivo pedagóxico:
• Esquecer o exterior, a rúa e entrar nun espazo de traballo.
• Preparar o instrumento actoral, é dicir, a voz, o corpo, as emocións, para estar ao servizo
da actuación.
• Adquirir relaxación corporal.
• Pórse expresivo.
• Explorar e ver os posibles bloques emocionais que aparezan.

Técnica sensorial

Recursos para construír distintos personaxes e estados de ánimo para entrar en escena. Viaxes dos sentidos. Todos os exercicios trabállanse alternando con actividades físicas e textos concretos.

Obxectivo pedagóxico:
• Conseguir maior expresividade coa voz e co corpo.
• Adquirir organicidade.
• Saír dos clixés e os estereotipos (aparece algo máis auténtico en cada un).
• Pór conciencia en algo concreto.
• Estar presente aquí e agora.
• Espertar a sensibilidade.
• Espertar e desenvolver a imaxinación.
• Aumentar a concentración e a relaxación.

Todos estes recursos serven como preparación ponte para actuar un texto.