Teatro

no camiño teatro novo

Acerca de...

Dentro dos Talleres Xuvenís, outra idea básica á hora de formar a novas artistas é a interpretación teatral presente na actitude vital. Outra faceta artística próxima á música. Os alumnos seleccionados tomarán parte na compañía propia do Festival neste campo No Camiño Teatro Novo, onde se intentará traballar nunha dirección común con outras artes, ao mesmo tempo que se creará unha montaxe teatral dirixida por titores profesionais que se interpretará por diferentes lugares.