Poesía

Poesía no camiño (Re)Novarte

Acerca de...

Outro Taller Xuvenil que nace neste ano 2008 en Artes no Camiño é (Re)novarte.. A poesía únese ao Encontro das Artes que ten lugar na tempada estival polos camiños de Lugo.
Profesionais da literatura traballarán e prepararán a un alumnado escollido mediante a previa valoración dos seus escritos, con fins como realizar presentacións en público que dean vida a ese traballo tan íntimo que é a creación poética.