IIIEncontro
Fechas
Do 30 de Xullo ao 15 de agosto
Especialidade
• Contaremos con talleres de Música, Voz, Danza, Teatro, Poesía, Pintura e Escultura.
Contidos do encontro
Taller de música
Pequenas Formas ou O Principio Organizativo
Estudo teórico e práctico das principais formas musicais e súas formas tanto instrumentais como vocais. Construír pequenas formas sinxelas que servirán de base para poder crear outras máis amplas e máis dinámicas. Mostrar e xogar coas posibilidades de crear pequenas organizacións formais por medio de diversos obxectos sonoros construídos polos propios intérpretes-nenos e así xerar o discurso do taller.
A linguaxe musical a través do rei dos instrumentos
Este taller preséntase como unha invitación á poética da experiencia cotiá coa música como telón de fondo. Mediante varias sesións de traballo este taller pretende motivar aos alumn@s, a través do seu propio potencial creador, para que aprendan e manexen os mecanismos expresivos das artes, desde os máis básicos ata os máis complexos. Todo nun contorno de xogo e diversión.
Taller de voz
Traballarase tanto individualmente con cada neno como en grupos. Exploraremos a tesitura vocal, a cor e técnicas coñecidas, ademais de aprender cancións e improvisar. Exercicios técnicos terán ás veces movemento incluído, xogos e ideas teatrais. Dependendo do nivel e preparación dos nenos, os talleres estarán enfocados á preparación de actuacións en conxunto con outros talleres.
Taller de danza
Danza: movemento creativo. Calidades do movemento creativo. Creatividade, improvisación e comunicación. Incentivar xogos de improvisación cos alumnos para determinar as distintas ideas a ter en conta á hora de compoñer unha coreografía. Composición coreográfica.
Taller de teatro
Favorecer a concentración e a relaxación tan importantes para actuar. Adquirir maior expresividade coa voz, corpo, emocións, sensacións, impulsos. Incentivar a confianza no outro e no grupo tomando conciencia de que todos somos un e todos somos responsables do labor a realizar. Desenvolver a imaxinación, a sensibilidade e a creatividade no marco da disciplina teatral.
Taller de poesía
Niño de escritores
Ou Taller Literario NENO DE ESCRITORES consistirá nun proceso lúdico asentado en obras narrativas e poéticas propias para nenos e adolescentes. Dous textos seleccionados polo escritor Isidro Novo, farase unha lectura comprensiva, un recitado, e traballaranse desde unha análise interpretativa e comparativa, relacionándoos co mundo infantoxuvenil. Os asistentes iniciaranse na creación, escribindo pequenos relatos, cancións, etc., que contrastarán e compartirán entre eles, dirixidos polo profesor. Coa colaboración da profesora Anxos Garabana, poñeranse en práctica as pertinentes técnicas de animación para gozo da actividade.
Taller de pintura/escultura
A pintura para crear espazos e a escultura para crear formas. Que descubran a cor, a materia, o volume e a terceira dimensión. Traballaremos a creación plástica, en relación coas outras disciplinas, para dar forma ao noso espectáculo, ao traballo de escenografía para a montaxe final.
Obxectivos
• Entender a arte como medio de expresión e maneira de entender a vida.
• Facer as cousas con pracer, cordura, atención, sinceridade e
vontade.
• Relacionaremos todos os talleres coa intención de preparar unha mostra final. Contaremos con sesións de cine, piscina...
etc.
• Os nenos/-as tenrán a oportunidade de asistir aos concertos
e outros eventos de Artes no Camiño.




