ArtesparaNenos

Acerca de...
Conscientes da importancia e a influencia das Artes na infancia, realízase un traballo de iniciación ás mesmas representadas no Encontro, mediante talleres creativos con nenos de 8 a 14 anos, na súa maioría residentes en Galicia, que poden ou non estar introducidos nunha disciplina artística. ArtesparaNenos tende cara ao estudo dun modelo sólido e axustado ás necesidades do marco xeográfico no que se desenvolve. Tamén pretende a busca de novos públicos e potenciar a convivencia ao redor da música, o teatro, a danza, a literatura e a pintura mediante actividades onde eles mesmos non só son a principal audiencia de case todos espectáculos programados, senón que realizan as súas propias creacións que tamén se mostran no Festival da Mocidade dirixidos polos pedagogos e artistas especializados nesas materias.




