Música
Como indica o nome Artes no Camiño é un Encontro entre Música e outras Artes, sinxelamente porque sentimos esta arte da Música como fundamental nos principios da historia da vida. É o primeiro sentido que desenvolve o feto no ventre materno e a natureza crea sen parar co vento, a auga...
A Música é pois sólida base neste Festival das Artes. Así, na actividade educativa lanzámonos a crear unha Orquestra Nova (NOGA) coa pretensión de traballar con mozos artistas galegos que están desenvolvendo os seus estudos musicais. A transmisión dos principais valores humanos e artísticos do seu ámbito profesional e o fomento de súas calidades expresivas, son os seus principais obxectivos.
Talleres abertos como Luthería, onde se constrúen instrumentos desde o medievo ata hoxe, apoia esta labor educativa, aínda que estea dirixido tanto a alumnos do Festival como a persoas interesadas no curso.
FormArtes é un Taller creado no propio Encontro. Ano tras ano pode ter unha temática variable, sempre reforzando esta labor educativa artística desde un punto de vista algo máis teórico. Tampouco se esquece a práctica sempre ligada a esa historia na que a música é protagonista.







