Arteparatodosarteparaconvivir
A actividade social do Festival nace coa vocación de unir os encontros artísticos co desenvolvemento social e promover a sensibilización social para colectivos marxinados da expresión artística.
Esta actividade permite aos mozos artistas que participan no Festival coñecer a realidade social da comunidade onde viven e compartir a súa inquietude artística con colectivos institucionalizados.
A música, a danza, o teatro e a poesía, achéganse aos Centros Penitenciarios, Hospitais Psiquiátricos, Centros de Atención a discapacitados, Residencias de anciáns…Os artistas e estes colectivos conviven a través da linguaxe escénica.
A convivencia é o principio que dá sentido ao Festival Artes no Camiño, convivencia de artistas con e sen discapacidade no Festival das Artes, convivencia de mozos artistas con colectivos marxinais no Festival da Mocidade e convivencia entre as artes e a sociedade que dá sentido a esta actividade.
Centros de Actividade
1- Hospital Xeral de Lugo: Realizaranse concertos de cámara e representación do espectáculo de danza “Movementos en Danza” a cargo dos mozos participantes no Festival da Mocidade, para os nenos hospitalizados.
2- Hospital Psiquiátrico de Castro “San Rafael”: Representación da obra de teatro: “O pracer das pequenas cousas” a cargo dos mozos participantes no Festival da Mocidade, para os internos hospitalizados.
3- Residencia de Anciáns, Sarria: Representación da obra de teatro: “O pracer das pequenas cousas” a cargo dos mozos participantes no Festival da Mocidade, e concerto de cámara para os anciáns residentes.
4- Centro de Atención á Minusvalía Psíquica (CAMP) Sarria: Representación do espectáculo de danza “Movementos en Danza” a cargo dos mozos participantes no Festival da Mocidade, para as persoas residentes.
5- Hospital Residencia Discapacidade “San Pablo”, Mondoñedo: Representación do espectáculo de danza “Movementos en Danza” a cargo dos mozos participantes no Festival da Mocidade, para as persoas residentes.
6- Centro Penitenciario de Monterroso: Concerto: 3ª Sinfonía de Beethoven, interpretada pola Noga Orquestra Galega das Artes, residente no Festival.
Os internos serán os encargados de presentar a obra. Realizarase tamén un taller literario a cargo dos poetas residentes no Festival.
Agradecementos
Esta actividade non sería posible sen a vocación de axuda por parte dos responsables e o persoal dos centros. A tarefa diaria que realizan e a acollida que estas actividades está tendo por parte dos residentes colma de sentido a actividade que realizamos.

