FormArtes
Acerca de...
FormArtes é un curso-taller que pretende convivir coa actividade de todo un colectivo artístico. O coñecemento da propia historia e teoría das formas musicais coñecidas e incluso as propias que se están utilizando, é sempre un complemento indispensable para os mesmos intérpretes. Este taller aberto como o seu nome indica está destinado non só aos participantes dentro do Festival, senón tamén a persoas alleas ao mesmo que están interesadas na temática do curso. Durante os dous primeiros anos o Canto Gregoriano instaurou este apartado teórico-práctico co profesor Juan Carlos Asensio no incomparable marco da Abadía Benedictina de Samos. Nesta III edición de FormArtes estará protagonizada pola Idade Media da man de Jose Ignacio Suárez.




