Convocatoriadeselección
Requisitos
Poderán participar na Compañía Artes en Danza todo bailarín e alumnado de Centros de Danza, Conservatorios, Escolas e Aulas de danza das distintas universidades existentes na Comunidade Galega. Nados antes do 1 de xaneiro de 1989.
Probas de selección
O bailarín terá que facer unha audición na que interpreterá unha improvisación libre (10 minutos aproximadamente). Para aqueles interesados en facer as probas, pero lles sexa imposible a súa participación nas probas, poderán enviar unha cinta de vídeo en VHS ou DVD, antes do 13 de maio. As probas de selección serán nos lugares e datas que a continuación se detallan:
7 de abril
Conservatorio Profesional de Ourense
Horario de 17:00-20:00 horas
8 de abril
Conservatorio Superior de Música de Vigo
Horario de 17:00-20:00 horas
9 de abril
Conservatorio Profesional de Santiago
Horario de 12:00-14:00 horas
Conservatorio Superior de Música da Coruña
Horario de 17:00-20:00 horas
10 de abril
Aula de Teatro e Danza da Facultade de Veterinaria
U.S.C. Campus de Lugo
Horario de 17:00-20:00 horas
Matrícula
Todos os alumnos seleccionados no proceso de audición, obterán unha bolsa completa para a súa participación no encontro.
Inscripción
A inscripción realizarase a través do seguinte formulario
ou ben enviando un correo eléctronico festival@artesnocamino.com
ou por correo postal á seguinte dirección: Apartado de Correos nº 42, Sarria CP 27600




