Actividade Artística

actividades educativas

Durante o mes de Agosto de cada ano na Actividade Artística móstranse propostas de agrupacións e personalidades do mundo da música, o teatro e a danza, con algunha incursión en disciplinas alternativas como a literatura e as artes plásticas. Os dous grandes apartados en que se divide o Encontro na súa actividades artísticas son: o Festival das Artes e o Festival da Mocidade.

A base da programación do Festival das Artes está representada na súa maioría polos traballos dos tres Grupos e Compañías residentes estables, que se complementan con algunhas agrupacións e artistas invitados do panorama nacional e internacional, sempre mantendo os criterios nos que se basea o Encontro.

No Festival dás Artes pasaron orquestras e grupos como Ars Combinatoria, bandArt, Decamerón & Cia e Capela Compostelá. Directores como Claudio Astronio, Canco López e Francisco Luengo. Voces como Barbara Hendricks, Gemma Bertagnolli, Anouschka Lara, Laura F. Alcalde, Elena Sancho, Sabine Garrone, Hölger Falk, Alain Damas e Iván García. Entre os solistas instrumentais estiveron Gordan Nikolic, Julián Elvira, Elsa Ferrer, Raúl Prieto, Bruno Forst, David Quiggle, Manuel Vilas, Alexis Delgado e Antonio Ortiz. No que fai ás artes escénicas estiveron como compañías de danza: Inquedanza, ExperimentaDanza e Disque Danza; os bailaríns e coreógrafos Dolores Seijas, Juan Moredo, Carlota Pérez e Olga Cameselle. En teatro contamos coa Compañía Blanca Marsillach e Sarabela Teatro dirixindo Esteva Ferrer e Ángeles Cuña respectivamente, e cos actores Sergio Pazos e Elena González. Outros artistas que pasaron polo Festival foron os poetas Miguel Mato, Luis M. de Merlo, Antón Fortes, Lino Braxe e a contacontos Charo Pita.

Da actividade educativa e social xorde o Festival da Mocidade que mostra o resultado dos talleres de ambas actividades en todas as súas expresións e brinda unha oportunidade aos novos valores das principais disciplinas. O Festival da Mocidade contou ata o momento no panorama musical con grupos e orquestras como a Nova Orquestra Galega das Artes, a Academia bandArt, Quintetto Papageno, Slide Brass Quartet, Trío Morelia, Os Concertos Reais e os coros Escolanía de Segovia e Voces brancas "Cidade de León"; directores como Pablo Mielgo e solistas como David Fernández e Rubén Pérez. No que fai ás artes escénicas pasaron compañías de danza como Artes en Danza e Compañía E, cos coreógrafos e directores Juan Carlos Zahera e Nadia Adame. Ademais dos grupos de teatro No Camiño Teatro Novo ou Pinchacarneiro cos directores Suso Díaz, Fernando Dacosta e José Colmenero