Sinopsis
Á Mercé das CirKunsTanzias
É un proxecto multidisciplinar no que diferentes áreas artísticas relacionanse a través das zocas como nexo. As zocas, calzado primitivo galego, son un elemento importante da nosa etnografia, cultura e patrimonio,e ao mesmo tempo o son tamén do Norte español e do eixo atlántico europeo, cas diferencias específicas de cada rexión e país, seguen sendo un elemento de fácil identificación para todos-los pobos que as compartimos.
Trátase dun espectáculo de rúa no que a danza é o soporte principal, e o resto das disciplinas dialogan entre sí, a partir das zocas como elemento central. A intención deste proxecto é revalorizala nosa cultura, artesanía e etnografia galega, redescubrindo o potencial artístico de
elementos até agora empregados só na súa funcionalidade orixinaria, e de adorno, cando a función desaparece.
Éste proxecto é o resultado da investigación aorrededor das zocas, elemento motor, inspirador e condicionador do movemento, influiu na composición da danza dende o punto de vista coreográfico, sonoro-percusivo e visual-estético.
As zocas facíanse con madera de bidueiro, arbore antigamente frecuente na nosas fragas galegas, cando as especies autóctonas eran a principal flora, a día de hoxe practicamente en vias de extinción; as zocas sírvennos para chama-la atención da conservación e da xestión do noso patrimonio natural.
Imprimíndolle a nosa particular ironía a galega ó propio movemento, a danza,consegue ser ademáis, o soporte mediante o cal sensibilizar ó público.
Éste proxecto tén posibilidades de desenvolvemento coreográfico e artístico, ca aportación do intercambio cultural que pretendemos realizar paralelamente na distribución ; Así convidaremos artesáns zoqueiros, maestros de danza tradicional e bailaríns do lugar que visitemos co proxecto, sobre todo no estranxeiro, para voltar despois a Galiza cun espectáculo completo e máis
rico, creado ca aportación internacional.
Inspirándose nas zocas como único elemento escénico, Mercé de Rande crea unha coreografía contemporánea aunando disciplinas.
Nas súas máns recae a direción artística e a composición coreográfica, asumindo o reto de crear unha peza totalmente actual, interdisciplinar e contemporánea partindo da tradición galega. Mercé de Rande, primeriza na búsqueda de formación contemporánea internacional, foi convidada no 2000 por Mathilde Monnier a participar da sua formación no Centro Coreográfico de Montpellier. Traballou con importantes coreógrafos internacionais e actualmente combina o traballo de dirección da súa recén inaugurada compañía co de bailarina na compañía francesa “Incidents Mémorables”
pioneira no emprego das novas tecnoloxías dixitales na escea.
No espectáculo, o artesán Alberto Geada realiza unha mostra do seu traballo manual,hoxe en día practicamente desaparecido, pois sustituise por máquinas na confeción industrial da construción das zocas. Aprobeitamos nesta mostra, alén da didáctica, o potencial performático que a confeción das zocas require, recreandonos cos diferentes sons e elementos visuais dos utensilios que ó artesán precisa para a sua elaboración artesanal.
Alberto é un artesán xoven e versátil, recoñecido tánto pola súa calidade de zoqueiro, no respeto tradicional do proceso como polo cuidado do acabado das pezas, ademáis sorprende pola sua capacidade creativa participando en orixinais creacións.Neste proxecto ademáis de artesán, realiza unha función musical efímera e estrénase como bailarín ocasional.
Recolle elementos das danzas tradicionais galegas de zocas de diferentes puntos xeográficos da Galiza. Na selección deste material contamos ca participación, como asistente coreográfico, de Henrique Peón, gran maestro de danza tradicional galega, con máis de 20 anos de experiencia como bailarín, coreógrafo e na recollida de campo.
A súa labor é ampliamente difundida tánto na Galiza coma no extranxeiro a través do grupo,“Xacarandaina” que dende fai anos dirixe.
Aprobeitando a percusión das zocas mailos sons realizados por Alberto, Oscar Fernández Sanjurjo realiza a labor de coordinación e acompañamento musical ca zanfoña electroacústica, interpretando músicas tradicionais e outros ambientes sonoros actuais, gracias á electroamplificación, pola que Oscar é particularmente coñecido en Galiza; formou parte da mítica banda galega “Os cempés” e actualmente explora a versatilidade contemporánea da zanfoña co seu novo grupo Bonobo
Dirección Artística y Coreografia
Mercé de Rande
Música
Oscar Fernández
Artesán Zoqueiro
Alberto Geada
Asistente Coreográfico
Henrique Peón
Intérpretes
Diego Martínez
Henrique Peón
Joshua Mccarey
Mercé de Rande
Begoña Cuquejo Pepa Yañez
Vestuario
Re.Roupa Maxina
Asistente Producción
Begoña Cuquejo