Sinopsis

Ulysses

Jurij Konjar Ulysses








   

O punto de partida para o desenvolvemento de Ulsses como espectáculo de solista foi a transformación en movemento de partes da novela de Joyce. A partir desta idea, Ulises evoluciona até converterse no relato persoal dunha viaxe: o traxecto físico de oito semanas, así como o percorrido a través do libro, léndoo, sentíndoo e comprendendo o traballo de Joyce.
Agora xa non son só as letras e as palabras do texto as que se van traducindo. Por un lado  trátase dos lugares físicos polos que pasa o novo Ulises, e por outro trátase da maneira en que a novela de Joyce está composta, do entrelazado de lugares, caracteres e significados que dan lugar ao conxunto total.

O espectáculo creouse nos lugares que se poden atopar nos mapas desta páxina web. Durante todo a viaxe  fóronse facendo debuxos, fotografías e  graváronse movementos, sons e luz. Cada semana, todo isto  ‘tecíase’ formando ‘fíos’ de secuencias, desde a 01 até a 08, que en conxunto ían formando o espectáculo e a imaxe completa da viaxe. Para terminalo, a novena e a décima secuencia  ‘técense’ en vivo.

Ficha Artística

Concepto, dirección e movemento
Jurij Konjar
Deseño do son
Blaž Celarec
Gravación do son
Jurij Konjar
Deseño escénico
Jurij Konjar, Andrew Hustwaite, Natan (Tretaroka)
Vestiario
Lidija Georgieva
Iluminación
Urška Vohar
Produción
Zavod Exodos
Produtor executivo
Nataša Zavolovšek