Sinopsis

Corpos en trama

Grupo Eudanza Corpos en trama








   

“Esta creación nace do proceso creativo como acontecemento . É unha busca desde o imprevisto, o risco, o encontro con un mesmo e co outro.

Desde a trama relacional da diversidade, é un acto de creación facéndose.

 É un poñerse no lugar do outro desde un proceso interno de veracidade onde a xestualidade e a vida cotiá alcanza a súa esencia.
É un diálogo, un sentir conxunto desde o potencial interno que transcende ao outro. É un encontro co instrumento-obxecto cotián como vínculo e cúmulo de vivencias. Integrando a diversidade de cada ser desde o seu sentir profundo e as súas múltiples manifestacións.

É un proceso creativo como Acontecemento. Sendo o movemento como motor dinámico vivencial. Desde o esencial e verdadeiro de cada xesto. Alcanzando o espazo humano das emocións”.