Sinopsis

Pic-Nic

Pinchacarneiro - Unha produción da Fundación Anade Picnic    

Unha personaxe dá unha volta polo escenario e atopa un gorro militar. Ao poñelo decide falarnos da súa particular forma de entender a guerra. A continuación ábrese o telón e empeza Pic-Nic. A historia dunha familia que decide ir á guerra a pasar un día de campo en compañía do seu fillo. Alí acontecen situacións que describen o absurdo da guerra e de todos os que deciden nela. Esta é unha forma de protestar por unha forma de resolver conflitos que só nos leva ao absurdo e ao caos.