Sinopsis

Non te asuste o meu nome

Titeres de Maria Parrato

Nunha noite unha fermosa muller mostraranos que a morte é necesaria para que continúe a vida. E faranos ver a fermosura de que os ciclos culminen.

Títeres de María Parrato

“No che asuste o meu nome, deixa que me despoxe do manto co que cubrides os vosos medos e observa o meu rostro claro e doce. Permíteme que che mostre como sería un mundo onde nada nin ninguén morrese e descubrirás o que sempre soubeches; que a vida e a morte son o tronco e a raíz da mesma árbore.”

   

Sen dúbida esta noite a morte virá. Chegou o momento da separación definitiva dunha muller e o seu fillo Andrés. Pero o descoñecido asusta e Andrés non permitirá que se leven á súa nai sen máis, loitará, pensará que venceu, pero... nada volve a ser como antes, esa noite a vida búrlase del e convértese en algo insoportábel.

Andrés comprenderá que só cometeu unha estupidez e que tamén hai un momento para a morte.

Comentario

...o porque de Non che asuste o meu nome Títeres de María Parrato

De nenos impresionáronos os versos que nos recita A Morte a través de Espronceda: “Débil mortal non che asuste a miña escuridade nin o meu nome...”
Desde moi cedo na vida; desde a nenez, xurdiu a necesidade de pensar se como individuos estiveramos aquí sempre...
Os adultos explican sorrintes que non, que cada un de nós nacemos un día, e xa non tan sorrintes, que algún día deixaremos de estar;
entón procúrase cambiar de tema por se xorden novas cuestións. Cuestións coas que nos imos a debater ao longo da nosa vida e que van formar parte dela. E é que aída que non atopemos respostas lóxicas, convincentes para poder quedarnos tranquilos nelas, temos a necesidade de seguir preguntándonos. Aínda que a moitos lles moleste non poder responder a todo, porque na nosa época está mal visto non saber.
Aínda que sexa tabú falar da Morte, como de fracasar ou de adoecer, ou quizais por iso nos interesa máis o tema: Que aprendizaxe hai detrás destes aspectos da vida que a sociedade se empeña en ocultar?.
A sabedoría popular, a intuición, a emoción, os sentidos... ofrecen camiños. Convidámosvos a presentar o tema unha vez máis a través das Artes Escénicas e dun conto herdado a través dos tempos.
Asomádevos a ver personificada á Morte, escoitaremos os seus pensamentos e a súa voz. Poetas falaron por ela, pero oirémolos da súa boca mentres vén a cumprir a súa misión a través dos tempos.
Se vos asomades detrás da capa escura... verédela fermosa.

María José Frías