Programa



A gran escola organística alemá

Heinrich Scheidemann (1595-1663)

Magnificat de cuarto tono
Verso I (cantus firmus no tenor)
Verso II (c.f. con coloratura dialogando entre o soprano e o tenor)
Verso III (c.f. divido por seccións en estilo imitativo entre as voces)
Verso IV (c.f. no  soprano)

Dietrich Buxtehude (1635?-1707)

Tocata en re menor BuxWV 155

Johann Sebastian Bach (1685-1750)

Preludio sobre o coral “Liebster Jesu, wir sind hier” BWV 731
Triosonata nº2 en do menor BWV 526

Vivace
Largo
Allegro
Preludio e fuga en re maior BWV 532

Ludwig Van Beethoven (1770-1827)

Adagio para órgano en fa maior

August Gottfried Ritter (1811-1885)

Sonata nº2 en mi menor Op.19

Notas ao programa

Cando Franz Liszt realiza as súas transcricións para piano de numerosas obras para órgano de J.S.Bach, estaba consolidando con feitos a enorme influencia que o compositor de Eisenach exercía sobre a xeración de compositores da Alemaña romántica. Dúas das obras que Liszt transcribe son a Fantasía e fuga en sol menor BWV 542 e o Preludio e fuga en re Maior BWV 532, ambas no programa de hoxe.

A solidez formal e expresividade natural da música de Bach, así como a enorme enerxía que desprenden as súas obras, resultaban tremendamente atractivas para unha xeración de compositores alemáns que buscaban de forma obsesiva a perfección da súa arte, 100 anos despois da morte do Cantor de Leipzig. Así a última obra do programa, A Fantasía e fuga de Liszt, é unha desas grandes obras construídas como un enorme rañaceos. A súa forma é en si mesma un reto polas súas enormes dimensións e complexidade, pero nada lle é cedido á casualidade, cada pequeno elemento da obra está perfectamente medido para que encaixe no conxunto dando como resultado un dos grandes monumentos da música para órgano de todos os tempos.
Para a súa interpretación, Raúl serviuse dunha copia da primeira edición, integrando na música material escrito por Liszt que non se atopa na actualidade editado, dando como resultado unha lectura da obra tan persoal como fiel ao autor.