Sinopsis

Caligrafías da Pel

ExperimentaDanza    

Peza curta de danza sobre os escritos que  quedan gravados  na pel. As cartas que nunca quixemos ler, as lembranzas que somos incapaces de borrar da nosa pel , tatuados en cada rencuncho da memoria, fannos ter medo a falar de novo do amor. Comprender que o pasado nos fai fortes aínda que fose duro, comprender que cada parte que che tapo algún día terá que curarse ao aire. Eu tapo as túas feridas co meu corpo e ti intentas escribir nel a nosa historia, un capítulo que borre outros capítulos, pero o tempo cicatrizou cada pensamento e as letras intensas quédanse. Lograr entre os dous vivir con esas caligrafías e á vez reinterpretar as nosas vidas. Leoche en alto o que sinto cando a túa pel me fala de ti e ti disme que te consola saber que somos fráxiles e fortes... que podemos ser felices, que existe a ilusión de querernos así, con todo o noso pasado.