Aquí e agora fan un mañá

Compañía Y, Coreografía: Nadia Adame Aquí e agora fan un mañá Compañía Y Coreografía: Nadia Adame








   

Nace no ano 2003. É o comezo do noso diálogo coas diversas artes escénicas.
A partir de observacións, conversacións, escritos e experiencias creamos o noso ideario, fomos  consolidando un espazo pragado de inquietudes éticas e estéticas:
- A nosa principal preocupación é o desenvolvemento e creación de novos traballos co obxectivo de colaborar no  desenvolvemento e evolución das artes cun alto nivel de esixencia.
- Interésanos colaborar con artistas non incluídos, tradicionalmente, nas artes escénicas, ou con quen non ten oportunidades, como os novos profesionais, artistas con discapacidades ou inmigrantes.
- Apostamos polo desenvolvemento de talleres para crear unha comunicación entre artistas de España, Europa e o resto de continentes; rompendo, así, as fronteiras, elevando o criterio e as oportunidades nas artes.
Exploración, evolución e enxeño de forma e proceso son tan importantes como a satisfacción propia.
A través da busca, xiras e actuacións especiais, esforzámonos por actuar para o maior número de persoas posíbel. Con todas as nosas colaboracións queremos crear novos traballos para atraer, provocar e inspirar ao público.

Reparto

Intérpretes
Jose Luis Sendarrubias
Alba Fernández Alba
Coreografía
Nadia Adame
Música
Johann Sebastian Bach