明 Mei Trío

Horacio Curti Alessandra Rombolá Esteban Algora    

É o primeiro grupo español que presenta unha visión integral da música xaponesa, desde o máis tradicional, representado polo koten Honkyoku do shakuhachi, até o máis contemporáneo, estreando obras compostas expresamente para este grupo, pasando polos compositores máis emblemáticos da música contemporánea xaponesa -Takemitsu e Hosokawa, entre outros-.

Formado por tres músicos de sólida formación e extensa experiencia profesional no seu campo, Alessandra Rombolá en frautas, Esteban Algora en acordeón e Horacio Curti en shakuhachi, o 明 Mei Trío comeza a súa traxectoria con este proxecto dedicado á música xaponesa no ano 2004, fundamentado na crenza de que para poder comprender a música xaponesa actual c,ompre achegarnos tamén á súa música tradicional.

Este proxecto pretende favorecer novas visións sobre a interpretación da música contemporánea e presentar aos espectadores europeos a música xaponesa desde un concepto de unidade e globalidade do universo sonoro xaponés, á vez que chamar a atención sobre os seus elementos centrais, froito da estética sonora xaponesa, da súa cultura en xeral e da súa relación coa música occidental.

Componentes

Shakuhachi
Horacio Curti
Frautas
Alessandra Rombolá
Acordeón
Esteban Algora