A compañía Teatro Dos Mundos nace en xaneiro do 2006 a partir do encontro entre Roberto White e Malgosia Szkandera, ambos actores, pertencentes a diferentes disciplinas como o teatro físico, o clown ou a improvisación, que deciden xuntarse para investigar no mundo do teatro de obxectos e os títeres “corporais”, utilizando unha linguaxe sen palabras.
Ademais Roberto White pertence (xunto con Renato Curci e Ana Santa Cruz ) á Compañía “La Santa Rodilla” (“O Santo Xeonllo”), que utilizan as súas mans núas para contar pequenas historias, e da que é director o prestixioso mimo e titiriteiro peruano Hugo Suárez, creador da Compañía “Teatro Hugo e Ines”, coa que actuou en diferentes Festivais Internacionais de España, Italia e Brasil.
Malgosia Szkandera fórmase como actriz xestual na R.E.S.AD e no Taller de Creación e Movemento de Mº del Mar Navarro e Andrés Hernández. Recentemente formou a Compañía “Romek Teatro”, que combina o traballo actoral físico cos obxectos, e coa que estreará o seu espectáculo “Aralia” en Sienna, Italia, en Setembro de 2008.
Creación e manipulación
Roberto White e Malgosia Szkandera
Dirección
Roberto White.
Iluminación e Técnica
Rosalía Álves.
Deseño
Rafa Verdejo
Fotografía
Ana Szkandera e Elizabeth White.
Distribución
“Ay Ay Ay Teatro”