Director
Nado en Sanlúcar de Barrameda (1974), gradúase en Piano no Conservatorio Superior de Sevilla, proseguindo a súa formación na Universidade Mozarteum de Salzburgo (Austria), bolseiro pola Xunta de Andalucía. Alí amplía os seus estudos de Piano (Peter Lang/Karl Wagner) e Clave (Elisabeth Chojnacka), e diplómase coa máxima distinción en Composición (Reinhard Febel), Dirección de Coros (Karl Kamper) e Dirección de Orquestra (Dennis Russell Davies/Jorge Rotter), obtendo o grao de Magister Artium. Asi mesmo, recibe consellos de personalidades como Joseph Seiger, Joseph Paratore, Frederic Gevers, Ramón Coll, Rolf Plagge o Reiner Schmidt (Piano), Cristóbal Halffter, Beat Furrer, Franco Donatoni, George Crumb, Jesús Rueda, José Manuel López ou Tomás Marco (Composición), Arturo Tamayo ou Neil Thompson (Dirección de Orquestra).
Como pianista traballa con diversos grupos de cámara, como o Salzburger Solisten Ensemble, e deu recitais como solista, ademais de solista con orquestra (London Schubert Players, Orquesta Franco-Belga de Bruselas, Orquesta Académica de Madrid, Camerata Budapest, etc.). Como compositor estreou obras en Alemaña, Austria, España, Sudáfrica, Escocia e Serbia. Dirixiu a orquestra da Universidade Mozarteum, Brucknerorchester-Linz, Mozarteum Orchester Salzburg, Orquestra Presjovem, Ensemble Creatives Centrum de Viena, etc. Mantén unha estreita colaboración artística co Ensemble Acrobat, elixido Ensemble Residente da Universidade Mozarteum no ano 2005. Director e fundador do grupo Zahir Ensemble, así como Director Musical do Taschenopern Festival de Salzburgo. É profesor do Conservatorio Superior de Sevilla, da Escola Internacional de Verán de Lucena e do Master de Interpretación Orquestral da Fundación Barenboim-Said.