Raúl Prieto Ramírez

Organista Raúl Prieto Ramírez








   

É aos seus 28 anos organista asesor da Orquestra e Coros Nacionais de España (OCNE) para os órganos do Auditorio Nacional de Música de Madrid, onde asiste como intérprete, pedagogo e divulgador. Segundo a crítica “Un organista brillante” [J. M. Morate, El Norte de Castilla]; “…un organista cheo de sensibilidade que toca de memoria e ten un fraseo nítido e transparente, ao mesmo iempo que unha técnica depurada.” [Maite Grau, Diario de Vilassar, Barcelona]; “…evidenciou gran fluídez e claridade, dominio do pedal e do ritmo, matización de volume e expresividade, e xeral adecuación de rexistros” [V.M. Mahón]; “…Raúl ten ao seu público e  entusiásmao” [Cugat Comas, Mataró Noticias]

Raúl Prieto Ramírez estudaba filosofía na Universidade de Salamanca cando descubriu as teorías estéticas do director de orquestra, musicólogo, filósofo e matemático Sergiu Celibidache. Profundamente impactado por estas teorías, tomou a determinación de dedicar a súa vida á música, e o órgano  pareceulle o instrumento solista que máis posibilidades lle ofrecía para desenvolvelas e darlles vida. Despois dun período como completo autodidacta, realiza uns estudos que conclúe con matrícula de honra en órgano e no seu proxecto final cun concerto que a crítica define como “o mellor concerto en anos” [Mataró Noticias]. Posteriormente realiza un exame na Staatliche Hochschule für Musik und Darstellende Kunst de Stuttgart polo que obtén a maior cualificación que un xurado  outorgara nunca neste centro. Recibe a súa principal influencia de Leonid Sintsev, catedrático do Conservatorio Rimsky-Korsakov de San Petersburgo, e Jordi Mora, director de orquestra alumno de Sergiu Celibidache. Actualmente, bolseiro polo goberno alemán,  especialízase co Profesor Ludger Lohmann.

Como resultado das súass aparicións en público, varios importantes festivais e salas de concerto abríronlle as súas portas. O festival “Artes no camiño”, o “Festival Internacional de Música e Danza” de Granada, o ciclo da “Fundación Focus-Avengoa” de Sevilla ou as “Kotzschmar organ series” de Estados Unidos, son algúns dos festivais que convidaron a Raúl Prieto a tocar. O auditorio Alfredo Kraus das Palmas, auditorio Manuel de Falla de Granada,  auditorio Cristóbal Morales de Sevilla, a gran sala de Ópera de Ljublijana ou o Merrill Auditórium de Pórtland Maine, ademais das Catedrais de Astorga, Ciutadella, Tui, Santiago de Compostela ou Barcelona, son algúns dos prestixiosos lugares onde Raúl  puxo en pé a un público entusiasta.

Raúl é un dos poucos organistas que ao marxe de áridas especializacións, domina todos os principais estilos que conforman o amplo repertorio organístico grazas a que traballaron cada un deles cos profesores de referencia, entre os que se encontran Lorenzo Ghielmi, Jan Willem Jansen, Lionel Rogg, Wolfgang Ruebsan, Eric Lebrun, Zsigmond Szathmáry, L.F.Tagliavini, Guy Bovet ou Marie Claire Alain entre outros… iso  permítelle abarcar e dar unha personalidade definida e diferente a cada estilo como así destaca  a crítica: “demostrou ser un organista versátil, capaz de darlle unha personalidade definida a cada interpretación, xa pertenza aos séculos XVI ou XVII, ou sexa dol século XXI” [A. Achucarro, El mundo].

Ademais do seu labor coa OCNE, Raúl ostenta a praza de organista titular, obtida por oposición, da Basílica da Mercé de Barcelona e é responsábel artístico do gran órgano histórico da Basílica de Santa María de Mataró, o máis grande de Cataluña.

www.raulprieto.net