Foi fundado en Lugo en 1981 polo mestre D. Enrique Alvarellos, coa finalidade de poder interpretar música que antano fora composta para voces masculinas.
A singularidade deste grupo non tardou en dalo a coñecer ao longo da xeografía galega, actuando en importantes salas de concertos, catedrais, convencións e congresos, etc.
O ORFEÓN XOÁN MONTES foi a primeira agrupación coral galega en recibir o Master Honorífico de Popularidade en 1.989.
Cabe destacar nesta primeira etapa do Orfeón, a actuación en xullo de 1.990 no templo do Sagrado Corazón de Notre Dame en París.
Neste mesmo ano e o día 10 de xullo, actúa ofrecendo un concerto de música sacra na catedral de Estrasburgo.
Coincidindo co pleno do Parlamento Europeo o día 12 dese mesmo ano actúa pola mañá en Stuttgart e pola noite en Eslingen, onde ofrece un repertorio de música variada.
O día 15 de xullo e de regreso da xira europea, canta a misa en galego na Basílica do Pilar de Zaragoza.
Son destacábeis as intervencións en directo en Radio Nacional (Misa do Domingo), COPE, Radio Galega, TVG, TVE, Tele Lugo etc.
Entre outras actuacións desta etapa, cabe destacar así mesmo, a estrea xunto á Orquestra Sinfónica de Xove da Cantata a Lanzada, no salón rexio do Círculo das Artes de Lugo, o día 27 de maio do ano 2.000, obra inédita do seu Director D. Enrique Alvarellos na que puxo tanto cariño, entusiasmo e profesionalidade.
Xa con data 2 de xullo ofrécese A Cantata a Lanzada no novo templo de Sanxenxo, coa impresionante acollida do público, concentrándose 1.200 persoas no acontecemento, confirmándose así o grande éxito da obra.
Finalmente con data 7 de xaneiro e patrocinado polo Concello de Lugo, dirixe o seu último concerto na Igrexa da Nova de Lugo o Fundador do Orfeón D. Enrique Alvarellos.
En decembro de 2.001 cesa como director do Orfeón D. Enrique