Soprano
Nada en Santander, inicia a súa formación na súa cidade natal. Posteriormente estuda no Lemmens Institute de Lovaina (Bélxica) e con Vicente Encabo na Escola Superior de Canto de Madrid, onde remata os seus estudos coas máis altas calificacións.
Especializada en música antiga colaborou con agrupacións como Zarabanda, Al Ayre Español, S.E.M.A., Parnaso Español, The Extempore String Ensemble, La Tirana Española, solistas como Alicia Lázaro, Rosa Rodríguez, Jorge Robaina, Gerardo Arriaga e directores como Christophe Coin e Eduardo López Banzo ou Andrew Lawrence-King.
Ao longo da súa carreira interviu como solista nos principais foros musicais do país, tales como os Festivais Internacionais de Santander e Granada, Auditorio Nacional en Madrid, a Semana de Música Relixiosa de Cuenca, o Festival de Outono de Madrid, etc…; e europeos, como o Wigmore Hall de Londres ou o Festival de Música Antiga de Utrecht (Holanda). Tamén realizou xiras por México e O Brasil.
Entre as súas intervencións escénicas destaca a súa participación en zarzuelas barrocas como “Celos aún del aire matan” (“Ciúmes aínda do aire matan”) de Juan Hidalgo, “Viento es la dicha de Amor”(“Vento é a dicha deAmor”) de José de Nebra, e “Acis e Galatea” de Antonio Líteres, así como primeiros papeis en óperas como “Flaminio” e “La Serva Padrona” de Pergolesi, “El Rapto en el Serrallo”(“O Rapto no Serrallo”), “La finta giardinera”, “La Flauta Mágica”(“A Frauta Máxica”) e “Don Giovanni” de Mozart, o “Dido e Eneas” de Purcell, etc…
O seu traballo plasmouse igualmente na gravación de varios discos ao redor da música española dos séculos de ouro: “A música española no Século de Ouro”, con Extempore String Ensemble (Hyperion, 1989), “A polifonía relixiosa” de Juan García de Salazar (Caixa Zamora, 1990), “Ardede, corazón ardede”, dedicado aos tonos humanos do século XVII (Fundación V Centenario do Tratado de Tordesillas, 1994) e as zarzuelas barrocas “Vento é a dicha de Amor” (Auvidis, 1995) e “A púrpura da rosa” (Deutsche Harmonia Mundi, 1999).
É profesora titular de canto no conservatorio "Jesús de Monasterio" de Santander.