Bailarina e coreógrafa.
Colaboracións con compañías de danza e artistas de diversas disciplinas artísticas.
Formación en danza contemporánea aprendendo de mestres con diferentes enfoques da danza, destacando entre outros Chevy Muraday, Andrés Corchero, Gelabert, Daniel Abreu, Carmen Wagner, Guido Tuveri, Teresa Nieto, Mónica Valenciano…
Creadora e directora do grupo EUDANZA de xoves en integración do centro de integración e innovación neuropsicopedagóxica “O Pelouro” .
Máster en Danza Terapia aplicada ao Movemento (DMT) pola universidade de Barcelona.
Formación en danzaterapia coa danzaterapeuta Graciella Vella, María Fux e Wolgan Stange. E no Centro de Integración e innovación neuropsicopedagóxica “O Pelouro”.
Licenciada en filosofía pola Universidade de Salamanca.
Membro coofundador da asociación “O Pelouro axeito” desde o 20 de febreiro de 1992.
Membro como “socio honorario” da asociación Actividade Física e Expresión Corporal de Madrid A.F.Y.E.C
Profesora de Psicodanza do centro de innovación e integración neuropsicopedagóxica “O Pelouro” desde 1994.
Traballo de investigación no campo da psicodanza, xestoterapia e arteterapia.
Organizadora de eventos culturais dentro do “Complexo O Pelouro axeito”. Especialmente vinculados ás diversas disciplinas artísticas. Festival Internacional IntegrArte (danza-música-audiovisuais-artes plásticas-teatro).
Organizadora e colaboradora para a realización de cursos, congresos ,conferencias, talleres, concertos, espectáculos, residencias para actores e bailaríns dentro do “Complexo O Pelouro Axeito”.
Coordinadora en diversos proxectos internacionais.