Jurij Konjar

Coreógrafo/Bailarín Jurij Konjar








   

Naceu en Ljubljana en 1978. Comezou por practicar judo e tan só máis tarde, á  idade de 13 anos, comezou a bailar en competicións de bailes de salón por toda Eslovenia e Europa. Despois  pasouse ao jazz, tap, danza moderna e finalmente ao ballet. Estudou danza contemporánea en Nova York e musical na Academia Urdang de Londres. Continuando co seu interese en danza contemporánea, continuou os seus estudos en PARTS, en Bruxelas.

Traballou con varias compañías a través de Europa, entre elas hai que destacar sobre todo Les Ballets C de la B e En Knap. Do 2003 ao 2006 colaborou con Gabrielle Nankivell (Australia) baixo o nome OX Co., creando o seu propio traballo e interpretándoo a nivel internacional. O seu último traballo é unha obra solista chamada Ulises, coa que actualmente está de xira.

En 2005 Jurij ganou o premio do público pola mellor interpretación no festival Moving Cake de Ljubljana así como o premio Merman que se concede aos coreógrafos máis prometedores.

Durante os últimos dous anos Jurij deu clases e dirixiu talleres en Bélxica, Eslovenia, Nova Zelanda, Australia, Bulgaria, Turquía, Chipre, Hungría, España, Francia e Armenia.