ExperimentaDanza

   

Experimenta Danza é unha compañía de danza contemporánea que nace na Coruña. Nace no ano 2003 baixo a dirección de Carlota Pérez coa intención de crear espectáculos de danza-teatro e de programar danza na rúa e en espazos non convencionais. Durante a súa traxectoria  produciron 6 espectáculos.

Ás Agachadas Gañador do 1º premio do encontro de novos creadores de Povoa de Varzim,  Os nosos soños nun baúl, danza para nenos e maiores un pouco nenos. Mínimas doses de danza espectáculo de rúa. Meltemi gañador do 1º premio do certam coreográfico de Madrid e 2º do de Galicia e dunha residencia en Montemoronovo, Arte a escena, danza e arte para nenos coproducido polo CCG e Corpo-son-creación espectáculo curto en montaxe para espectáculo de gran formato co asesoramento de dirección de Guillermo Weickert.

Á súa vez  realizaron proxectos personalizados multidisciplinares como, Arteandando, danza, videocreación e teatro. Ismos danza, arte de vangarda e música e Arte en movemento inauguración da Mostra Fenosa e os sós de danza Teño Presa e Luz no  burato.

A compañía durante a súa traxectoria  foi programada na Rede de Teatros de Galicia. Bailou en todas as cidades de Galicia ademais de Barcelona, Madrid, Valencia, Sevilla,
Povoa de Varzim, Oporto, Bruxelas

Ficha Artística

Dirección
Carlota Pérez
Interpretación e coreografía
Raquel Feliü
Danai de la Vega
Paco Gomez
Carlota Pérez
Música
Collage musical
Deseño gráfico e fotos
Alex Piñeiro