Zahir Ensemble

Zahir Ensemble








   

Nace en Sevilla no ano 2005 a partir dun encontro de recoñecidos intérpretes que viven nesta cidade, aos que se agregan destacados músicos de procedencia internacional.

Desde os seus comezos determinan traer aos escenarios tanto as grandes obras do século XX (moitas delas escasamente executadas, ben polas súas dificultades técnicas ou pola particularidade das súas plantillas instrumentais) como diversas mostras da vangarda actual. A variabilidade da súa plantilla lles permite abordar obras para orquestra de cámara de gran formato.

Entre as súas actividades destaca a participación en proxectos escénicos, como o Festival Taschenoper Toihaus (Salzburgo, 2005), no  que Zahir Ensemble realizou o estreno de seis óperas contemporáneas a cargo de autores como Reinhard Febel ou Christian Ofenbauer. Así mesmo, o grupo actuou na Eröffnungsfest der Salzburger Festpiele (Festa Inaugural do Festival de Salzburgo, 2005), Ciclo de Música Contemporánea do Concello de Sevilla (2005/2006), Ciclo de Música Contemporánea do Concello de Córdoba (2006), temporada de Música Contemporánea do Teatro Central de Sevilla e do Teatro Alhambra de Granada (2007 y 2008) e en diversas cidades andaluzas, recollendo en todo momento excelentes críticas.

Componentes

Director
Juan García Rodríguez
Frauta/Frautín
Alfonso Rubio
Clarinete 1/Clarinete bajo
Javier Trigos
Clarinete 2
José María Benítez
Piano
Óscar Martín
Violín
Joan Espina
Viola
Álvaro Arrans
Violonchelo
Dieter Nel