Des- CoNpuesto Teatro










   

Des-CoNpuesto Teatro nace no ano 2007 en Madrid. Formado pola actriz María Vázquez, o actor Oscar Velado, a actriz e bailarina Ismeni Espejel e o actor, profesor e director de teatro Victor Duplá.

Catro actores que se coñecen no  “Estudio Internacional do actor Juan Carlos Corazza” e que catro anos despois de acabar a formación deciden unirse para  facer un proxecto con dous obxectivos:

  1. O de desenvolver o labor docente do teatro en distintos grupos (xoves, adultos, mundo empresarial, discapacitados, actores profesionais) como medio de expresión para profundar no  coñecemento do ser humano, polo tanto nun mesmo.
  2. Realizar o traballo creativo de contar historias nun medio de expresión artística como é o teatro.

En Marzo de 2007 fundan o “Grupo de Adestramento”. É un colectivo de actores profesionais que se unen co fin de continuar a formación e o adestramento como actores e a investigación no  ámbito teatral.

En xaneiro de 2008 comezan a preparar a súa ópera prima, “Historias Mínimas” de Javier Tomeo (montaxe que se verá no Festival Artes No Camiño”). Dirixido por Victor Duplá e interpretado polos catro actores da compañía.

Ficha artística

Autor
Javier Tomeo
Reparto
María Vázquez
Ismeni Espejel
Oscar Velado
Dirección
Victor Duplá
Producción
Aquí e Agora Producións S.L.
Creación
Des-CoNpuesto Teatro