Frautista
Nado na Cidade da Habana, Cuba; cursa os seus estudos musicais no Conservatorio Manuel Saumell e posteriormente con Alberto Corrales na Escola Nacional de Música, da cal se gradúa en 1990. Posteriormente recibiu clases de perfeccionamiento, entre outros de Ricardo Gianni, Jaime Martín, Benoit Fromanger ou Michel Moragues. Formou parte da “Orquestra Sinfónica Nacional de Cuba”, coa que se presentou nos escenarios máis importantes de España en 1994. Posteriormente fixa a súa residencia en Madrid onde desenvolveu unha continua actividade musical, ben colaborando con diversas orquestras como a “Orquestra Sinfónica de Madrid” ou a “Orquestra Sinfónica do Gran Teatro do Liceo de Barcelona”, ou ben como membro do “Trío Cervantes”, agrupación que foi premiada en diversos eventos musicais e que ten participado en numerosos festivais, destacando entre eles o “Festival Internacional de Música e Danza de Granada”. Con esta agrupación acaba de editar o disco “Música en Iberoamérica” para a firma “Autor” da SGAE. Actuou en toda a xeografía española así como en escenarios de Francia, Italia e Alemaña. Realizou gravacións tanto para firmas discográficas, como para a televisión ou para diversas emisoras de radio, entre elas “Radio Nacional de España”.
Colabora de maneira asidua con diversos grupos de música antigua con instrumentos históricos destacando entre eles “Ars Combinatoria”.
A súa recente transcrición para banda do concerto para frauta e orquestra “Gran Danzón” de Paquito D`Rivera será publicada en breve pola prestixiosa editora Boosey & Hawkes. Na actualidade é profesor do “Conservatorio Profesional de Marcos Redondo” de Ciudad Real, onde entre outras actividades, organizou os concertos pedagóxicos “A viaxe á illa” con gran repercusión local entre público e prensa.