Pasaron xa anos desde que, no 1991 naceu Ars Combinatoria da inquietude por cantar polifonía do século XVI español..., trobar cantigas medievais..., tanxer cun baixo continuo... ou reunirse para interpretar música de J.S.Bach, coa única intención e desexo de ter un amplo coñecemento para facer a música escrita hoxe.
Posuír a capacidade de abarcar calquera forma musical dentro da súa historia, coa variabilidade de modelo que isto conleva, foi a idea xeradora de Ars Combinatoria.
Con este obxectivo, traballaron co grupo nas diferentes necesidades musicais os luthiers Germán Arias e Antonio Franco realizando copias de instrumentos medievais no ano 1992; os musicólogos J.C. Asensio e Alfonso de Vicente, encargados neses primeiros anos das transcricións e asesoramento do repertorio medieval interpretado; a foniatra Lourdes Querol, quen nun principio se fixo cargo da formación técnica das voces...entre outros.
Por outra parte, colaboraron con Ars Combinatoria “músicos-solistas-profesores” como Genoveva Gálvez en 1994, interpretando uns Quintetos de Antonio Soler; en 1996, o clavicembalista e organista Claudio Astronio que traballa sobre a música italiana dos séculos XVII e XVIII, dirixindo posteriormente algúns concertos de J.S.Bach coa colaboración de solistas como Maurizio Manara, Gordon Murray e Stefan Gotfried.
Para Ars Combinatoria non só o material sonoro gobernado por unha unidade musical, é o que chega a producir o acto en si do concerto. Parte fundamental é a montaxe e a convivencia entre os músicos que traballan durante todo o ano en retiros temporais, convidando e coñecendo sempre músicos novos, dos que pouco a pouco algúns se van integrando en toda unha forma de pensar e facer. Estes encontros preséntanse como algo “aberto”, contando con músicos especializados para interpretar un variado repertorio de diferentes características cronolóxico-estilísticas, desde o medievo até o século XXI: cada idea e programa dispón dunha formación vocal e instrumental adaptada a ese fin.
Actualmente Ars Combinatoria comeza a recoller froitos dese taller de interpretación musical, no que durante estes anos realizou un labor de achegamento e sensibilización cara á música antiga como concepto de grupo (cámara, tutti). Hoxe conta con máis de setenta intérpretes, grazas aos cales se poden realizar cada un dos programas. O grupo está formado por unha parte vocal e outra instrumental que, á súa vez, cada unha delas pode aparecer individual ou conxuntamente.
Desta maneira, realizáronse colaboracións con outros grupos como: o drama litúrxico Ordo Profetharum con Malandança e a Capela da Universidade de Santiago; en 2006 e 2007 o grupo instrumental interpreta Cantatas de J. S. Bach co coro da Capela Real de Madrid nos Ciclos de Cantatas do Concello de Madrid; o coro cantou coa Orquestra Presjovem facendo o Requiem de Mozart no ano 2007, dirixido nalgunhas destas ocasións por Francisco Luengo, Oscar Gershensohn ou Pablo Mielgo.
Destaca nos últimos anos a interpretación de concertos con programas para solistas, coro e orquestra interpretados na Catedral (Granada), Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), Auditorio Nacional (Madrid), Círculo das Artes (Lugo), Catedral Vella (Salamanca), entre outros, contando con solistas vocais como Laura F. Alcalde, Gemma Bertagnolli, Anouschka Lara, Elena Sancho, Sabine Garrone, Hölger Falk, Miro Moreira, Alain Damas ou Iván García.
O grupo foi convidado durante dous anos consecutivos no Ciclo Clásicos de Verán da Comunidade de Madrid. En ocasións dedica o seu tempo ao labor didáctico, realizando un Ciclo de seis concertos didácticos que abarcan desde o Medievo ao Barroco no Museo Arqueolóxico de Madrid. Na actualidade é grupo residente do Encontro Artes no Camiño.
Non é para Ars Combinatoria ningún problema cambiar de instrumentos; pasar dunha fídula a un violín barroco ou a un violín amplificado. Así, hai máis de tres anos que se vén realizando concertos nos que a música contemporánea é protagonista como no Sol St. de Santander ou a Praza de Xoán Mª López en Sarria (Lugo), onde se mesturaron instrumentos acústicos con música electrónica. Por outro lado, traballar en proxectos escénicos con estéticas moi actuais é un dos obxectivos que están facéndose realidade.
Podemos nomear Madrid, Avila, Pamplona, Estremadura, Galicia, as Illas Canarias, Valencia, Zamora, Andalucía, Murcia, Asturias, Barcelona, Ibiza, Soria en España, ademais de Inglaterra, Italia e Austria como algúns dos lugares onde o grupo ofreceu máis de dous centenares de concertos.
Ars Instrumental
Frauta
David de la Calle
Nacho Suárez
Oboe
Pepa Megina
Fagot
Fernando Arminio
Violín I
Elsa Ferrer
Jorge Montes
Lisbeth Leal
Ander Berrojalbiz
Violín II
Liz Moore
Sabela García
Mª José Pámpano
Viola
Ricardo Cuende
Maider López
David Quiggle
Violoncello
Carlos G. Amigo
Adrián Rodríguez
Violone
Alfonso Morán
Órgano/Clave
Canco López
Concertino/Dir.
Elsa Ferrer