Coreógrafa / Bailarina
Codirectora artística de Compañía e (e espazo creativo artes, s.l.),
traballa como intérprete, coreógrafa e profesora. Estudou danza no Real Conservatorio de Arte Dramático e Danza en Madrid. Tras sufrir unha lesión medular debido a un accidente de tráfico, Nadia trasladouse a Estados Unidos onde obtivo as súas licenciaturas de teatro e filoloxía hispánica. Colaborou con Shotgun Players, Dandelion Dancetheatre, AXIS Dance Company (EE.UU.) e CandoCo (Reino Unido). Nadia bailou coreografías de Stephen Petronio, Bill T. Jones, Rafael Bonachela, Arthur Pita, e Davis Robertson entre outros. Á súa vez, bailou, un trío, xunto a Mikhail Baryshnikov e foi galardoada co premio Isadora Duncan (nos EE.UU.) ao mellor dúo, xunto a Jacques Poulin-Denis.
Actor/ Mimo/ Bailarín
Licenciado da Real Escola de Arte Dramática (RESAD) na especialidade de teatro xestual. Estuda interpretación con José Pedro Carrión. Mimo co mestre Marcel Marceau e na escola L´ange fou en Londres. Complementariamente fórmase en danza clásica e contemporánea con Gustavo de Ceglie, Jose Reches, Wendel Wells e Nicolas Rambaud entre outros. José Luís colabora como bailarín con varias compañías.
Bailarina
Comeza os seus estudos de danza contemporánea no Real Coservatorio Profesional de danza de Madrid. Durante este periodo recibe influencias de artistas como Pedro Berdayes, Gloria Garcia, Jose Reches e Christine Tanguay. Colabora en creacións contemporáneas, destacando a compañía dirixida por Gustavo de Ceglie, participando no Certame Coreografico de Madrid 2005 séndolles outorgado o premio do público.
Recibe unha bolsa do Ministerio de Cultura para ampliar os seus estudos no centro Laban de Londres. De forma paralela asiste a talleres con artistas como David Zambrano, Frey Faust, Guillermo Weickert e Rasmus Olme co ánimo de absorber ao máximo todo tipo de influencias.