NovaOrquestraGalegadasArtes

Acerca de...

A Nova Orquestra Galega das Artes, (NOGA) é un proxecto pedagóxico de Ars Combinatoria e da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, a través da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo, que naceu no ano 2007, en Artes non Camiño.

Durante o III Encontro Musical con outras Artes arredor do Camiño de Santiago, creouse un taller artístico-educativo-musical que reúne a novos músicos galegos rodeados dunha vintena de persoas entre directores, profesores, reforzos de atril e todo o equipo de xestión e produción, co fin de levar a cabo a montaxe e realización de espectáculos e concertos baseados no repertorio orquestal.

O Plan de Traballo de cada tempada da NOGA está proxectado en catro encontros anuais, cunha duración entre 10 e 20 días cada un. Comeza cun de Cámara, dous encontros Orquestales e un coa montaxe dunha Ópera ou un espectáculo que reúne ademais de músicos, actores, bailaríns e outros artistas. É obxectivo prioritario coa NOGA que a orquestra teña a súa propia personalidade interpretativa, ademais dun amplo abano nas capacidades de expresión e a partir de aí facer tanto proxectos educativos como interpretativos a través de diferentes repertorios que engloban: A música Barroca e Clásica sempre con formulacións estilísticas propias de cada época, O repertorio Orquestal dos séculos XIX e XX nas súas modalidades sinfónica e operística, As músicas máis actuais e novas tendencias contemporáneas que é para o que foi concibida a orquestra desde a súa creación: o encontro das distintas artes que se dan lugar en Artes no Camiño.

Estes encontros supoñen para os mozos músicos, unha etapa de formación e enriquecemento musical, pois facilítase un contacto con profesores e músicos españois e estranxeiros, tanto instrumentistas, como solistas, concertinos, etc., a través do estudo e a práctica diaria aos que os alumnos están dedicados.

Na primeira etapa contouse cun grupo de profesores e músicos, que ademais de realizar as probas de selección encargáronse da preparación e montaxe do repertorio dos concertos: Deborah Gonsálvez (violín), Elsa Ferrer (Violín), David Quiggle (viola), Carlos García Amigo (violoncello), Alfonso Morán (contrabaixo), Vicente Alberola (vento madeira), Pedro Castaño (vento metal), Canco López (dirección) e Pablo Mielgo quen foi convidado para dirixir os concertos de presentación da Orquestra en agosto de 2007, onde se interpretou a Fantasía para piano, coro e orquestra Op.80 de L. van Beethoven, Concerto para trompa e orquestra nº 3 KV.447 de W. A. Mozart e a Sinfonía nº 5 Op. 64 de P. I. Tchaikovsky. Sendo os solistas Antonio Ortiz (piano) e David F. Alonso (trompa). Estes concertos celebráronse en Sarria, Lugo e Mondoñedo.

Ademáis, a orquestra contou con clases maxistrais de destacados músicos como Gordan Nikolic, e a colaboración de grupos como Ars Combinatoria e a Academia Bandart.