IVEncontro
Fechas
Do 1 ao 8 de agosto
Especialidade
Estilos musicais na idade media
Actividades do encontro
• Clases teóricas.
• Audicións comentadas.
• Análise de partituras.
• Nocións paleográficas.
• Interpretación de repertorio.
Contido do encontro
O canto cristián.
As orixes do canto cristián: liturxia e canto. A herdanza xudía.
As liturxias nacionais:
Canto bizantino,
romano antigo(paleorromano),
ambrosiano (milanés),
galicano e mozárabe.
A implantación gregoriana.
Os modos gregorianos. Xéneros gregorianos. A música na liturxia: misa e oficio.
Formas gregorianas. O ritmo gregoriano e as notacións adiastemáticas.
A monodia profana medieval.
A lírica latina. A lírica en lingua vernácula. Xograres, trobadores, trobeiros e minnesinger. O amor cortés.
Formas e xéneros da música trobadoresca.
España: a música na corte de Afonso X, o Sabio.
Galicia: as cantigas galego-portuguesas.
A música monódica paralitúrxica. Tropos. Tipoloxías. Clasificacións.
As Secuencias. Fontes e repertorio. A secuencia clásica. A secuencia a partir do século XI. Interpretación e importancia da música paralitúrxica. O drama litúrxico.
España: o Misterio de Elxe. Galicia: o Ordo Prophetarum.
A polifonía primitiva (ss. IX-XII):
Orixes da música polifónica. De harmonica instituione. Musica e Scholia enchiriadis. Guido d’Arezzo e o Micrologus.
O tránsito do século XI ao XII: De Musica (J. Cotton) e Ad Organum Faciendum. San Marcial de Limoges: fontes e xéneros polifónicos.
Galicia: o Codex Calixtinus. Problemáticas do códice e a súa interpretación.Xéneros polifónicos practicados. A teoría de Theodore Karp. Procedementos compositivos básicos. San Marical e Calixtino: similitudes e diferenzas.
A Ars Antiqua.
Escola de Nôtre Dame.
Fontes. Xeracións de músicos. Leonin e Perotin.
A notación rítmico modal e os modos rítmicos.
Outros conceptos notacionais básicos.
O repertorio.
Cantos responsoriais da misa e o oficio:
organum purum, discantus medido (clausulas) organa tripla e quadrupla.
O Motete. O motete dobre francés e latino. O motete bilingüe. O motete enté. O Conductus. O motete-conductus. Evolución estilística do motete na 2ª/2 do século XIII.
Outras formas e procedementos polifónicos:
o Gymel, discantus inglés, Rondellus, Rota, as danzas. España: o Códice das Huelgas.
A Ars Nova. Fontes.
Concepto de Ars Nova. Características e innovacións rítmicas, de textura, formais, harmónicas e melódicas.
A Ars Nova en Francia.
A polifonía relixiosa: o Ordinarium misae. Estilos: simultáneo, motete e canción.
A polifonía profana. A isorritmia e o motete isorrítmico. Similitudes e diferenzas entre o motete dos séculos XIII e XIV. Philippe Vitry e Guillaume de Machaut.
Polifonía cortesá e as formes fixes: Ballade, virelai, rondeau.
O Trecento italiano.Cronoloxía e xeracións de músicos. Principais formas e xéneros: o madrigal, a ballata e a caccia.
A Ars Nova en España: o Llibre Vermell. A Ars Subtilior ou Spälzeit.




